Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xogos pola lingua

FOTO XOGOS DA LINGUA 04 (1)

Máis de 250 escolares de educación infantil, primaria e secundaria de Soutomaior participaron na I  edición dos Xogos  da Lingua. Unha actividade intercentros onde se correu en relevo para amosar a importancia de falar a nosa lingua e a importancia do relevo xeracional para garantir a permanencia do idioma. Na xornada houbo tamén bailes e cánticos e rematou no Pavillón Municipal Alfonso Pazos coa actuación do Mago Noel.

Dentro da programación das Letras Galegas o concello de Soutomaior organizou este marte a primeira edición dos Xogos da Lingua. O tempo non acompañou ao comezo da xornada pero ás 10:30 h.  puideron dar inicio estes Xogos da Lingua coa “quedada” en Salgueirón dos centros participantes: EEI de Romariz, o Colexio Santiago Apóstol e o IES Soutomaior. Dende Salgueirón percorreron as rúas ata o Pavillón Municipal Alfonso Pazos con cánticos, bailes e moito divertimento.

A chegada ao Pavillón tocou seguir Xogando coa Lingua, e tras varios xogos un integrante de cada grupo reuniuse para dar forma a un quebracabezas moi especial que deu como resultado unha imaxe da homenaxeada neste 17 de maio, a escritora Luísa Villalta.

Houbo merenda e agasallo que consistiu nunha chapa que leva o lema desta I edición dos Xogos da Lingua, Soutomaior acende a lingua. Trala merenda e agasallos chegou a quenda do espectáculo do Mago Noel, que conseguiu deixou abraiados aos asistente coa súa maxia.

Unha programación das letras que continuará nas vindeiras semanas. A cita máis inmediata será o mércores 29 de maio cos Contacontos en verso con Yolanda Castaño, unha cita que terá lugar ás 18:00h. na Biblioteca Luís Seoane. A actuación de Sarabela Teatro co espectáculo “Made in Galicia” que estaba previsto para este sábado tivo que se adiadas ao 28 de setembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará