Os cartos destinaranse a mellorar as instalacións deportivas e a instalar no campo herba artificial. En total son 350.000 euros dos cales 175.000 irán con cargo ao Fondo Estatal para o emprego e a sostenibilidade local mentres que o Concello financiará a contía restante. As obras rematarán en agosto.
O proxecto divídese en dúas fases, na primeira das mesmas dotarase ao campo de infraestruturas deportivas básicas, coa reconstrucción do terreo de xogo, mediante a preparación e asfaltado de 7700 m2, a colocación de seis aspersores laterais e drenaxe para recollida de auga de choiva e sobrante de rego, 340 metros de baranda perimetral e preinstalación de alumeado exterior.
A segunda fase contempla a instalación de 6.864 m2 de céspede artificial de última xeración e a dotación do mesmo cun xogo de porterías regulamentarias para fútbol 7, bancos de oito prazas de estrutura metálica e metacrilato e un marcador electrónico.
As obras estarán finalizadas no mes de agosto.