Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O redondelán Manuel Puga recibe a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago

RR_Noticias

A entidade educativa recoñece así o “excepcional traballo” de Puga ao fronte do Consello Social da USC, órgano que preside dende hai máis de catro anos.

A Universidade de Santiago recoñeceu onte o “excepcional traballo” realizado por Manuel Puga ao fronte do Consello Social da USC outorgándolle a insignia de Ouro que concede a entidade educativa.
O reitor en función Senén Barro foi o encargado de entregar este galardón na tarde de onte a Puga, quen dende hai máis de catro anos preside o Consello Social logo de pasar pola dirección de Astra Zéneca e a presidencia da Fundación Galicia Empresa.
Cun sentido agradecemento a todos os que durante estes anos “compartiron traballo comigo, e moi especialmente á miña familia á quen lle roubei moito do meu tempo”, Manuel Puga afirmaba que a Insignia lle daba “aínda máis forza” para seguir traballando pola USC.
Pola súa banda, Senén Barro agradeceulle os “excepcionais servizos prestados” na presidencia do Consello Social, un órgano de Goberno “que continuamente se adianta aos cambios que están a xurdir no sistema universitario”.
De Manuel Puga e o Consello Social destacou o reitor en funcións o seu “talante construtivo”, a transparencia da súa xestión, o rol de cooperación “continuamente adoptado” e o “desempeño impecable” no apoio ao Campus Vida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará