Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os equipos de normalización critican a falta de apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística

RR_Noticias

Entende que as trabas o escaso apoio da administración galega para impulsar o galego nas aulas está detrás da dimisión dos Coordinadores provinciais de Política Lingüística. Critican ademais o custe económico que para os pais vai supoñer ter que comprar os libros de texto o vindeiro ano ao quedar inutilizados os existentes nos centros pola entrada en vigor do decreto

Os equipos de normalización dos centros educativos de Redondela mostran a súa preocupación ante a dimisión en bloque dos coordinadores de Política Lingüística. Entende que a súa renuncia responde á actitude da Secretaría Xeral de Política Lingüística dende onde se están a desenvolver políticas de reducción nas contías económicas que se achegan ás equipas de normalización, póñense dificultades á hora de solicitar subvencións e non se recoñecer a súa función. comprenden os motivos que levaron os coordinadores provinciais a presentar a súa renuncia ao cargo que se fera efectiva a partir de setembro coincidindo ademais coa entrada en vigor do novo decreto do galego. Libros de texto Nos centros hai ademais malestar ante o gasto que supón a decisión da Xunta de retirar os libros de texto en galego por mor da entrada en vigor do decreto. As familias terá agora que asumir a compra de novos libros cando os existentes nos centros -que foron pagados con cartos públicos- van ser retirados por non estar en lingua española.

Pilar Cornes IES Mendiño
O equipo de normalización do instituto entende o malestar dos coordinadores que veñen de dimitir
Malgasto nos libros de texto
Os libros en galego non poderán ser usados pola entrada en vigor do decreto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará