O presidente do Consello reitera que as praias se limpan de xeito correcto e diario respeitando a normativa ambiental que prohibe retirar as pedras do areal. O Consello, que se reunirá ás 20:00 horas, abordará tamén o vertido que se producía hai un mes procedente de Aucosa
Os membros do Consello parroquial de Chapela reuniranse esta tarde ás 20:00 horas nunha reunión extraordinaria solicitada dende a asociación de veciños quen demandan do Concello que se adopten medidas que controlar “os vertidos reiterados procedentes de empresas e embarcacións asentadas no litoral” así como “a mellora da limpeza que se realiza na praia de Arealonga”. Os veciños critican que o areal estea cheo de “cascallos, vidros e louza” motivo polo que xa realizaron dúas xornadas de limpeza reivindicativa. Unha críticas que o edil de urbanismo e presidente do Consello, Emilio González Iglesias rexeita xa que asegura que a limpeza dos areais estase a realizar de xeito correcto e diario. Lembra que a normativa medioambiental prohibe retirar as pedras das praias e que estas sempre existiron na desembocadura do río. Por outra banda o concelleiro asegura non entender que a Asociación de Veciños se concentre só na convocatoria de xornadas reivindicativas e non fagan labores de concienciación “para promover que os bañistas e usuarios das praias as manteñan limpas e libres de vidros”.