A empresa Serviocio organiza as rutas que permitirán ir facendo o camiño durante os sábados. Os interesados deberán pagar 25 euros para o transporte encargado de trasladalos ao punto no que se inicie cada tramo e recollelos unha vez rematado o traxecto do día. Máis información na piscina ou no teléfono 986 400 586
A piscina ofrece a posibilidade de realizar o Camiño Portugués en etapas Unha actividade puntual e dirixida a todos aqueles que non dispoñen de tempo para percorrer a distancia que separa a capital galega de A Guarda. Por este motivo, dende a empresa Serviocio, concesionaria da piscina organiza cinco etapas que se desenvolverán os sábados de setembro e outubro. Os inscritos trasladaranse en autobús aos punto de inicio e regresarán polo mesmo medio unha vez finalizada a etapa. O prezo é de 25 euros, e ademais do trasládao inclúe o avituallamento. A primeira das etapas será o sábado 18 de setembro e os participantes percorrerán a distancia que separa a Guarda de A Ramallosa. O día 25 o percorrido será entre Ramallosa e Redondela e xa en outubro o día 2 a Pontevedra, o 16 a Valga e o 23 a Santiago. Por outra banda na piscina pódense desenvolver actividades variadas que van dende os cursos de natación para aprender ou para perfeccionar a técnica, acuagim, natación para bebés e xa no ximnasio impártense outras clases de aerobic, pilates ximnasia de mantemento ou a novidades deste ano un cursos de ximnasia GAP, orientada a fortalecer os músculos dos glúteos, o abdome e as pernas Para máis informacións ou para coñecer a oferta de prazas e as tarifas pódense achegar a piscina municipal ou chamar ao 986 40 05 86