Os voluntarios partirán ás 17:00 horas de hoxe domingo cara Valencia en dous vehículos oficiais. Fan un chamamento á cidadanía para que participe desta acción solidaria coa doazón de alimentos e produtos de primeira necesidade que poden depositar no Multiúsos da Xunqueira antes das cinco da tarde.
Ducias de policías de toda España están desprazándose nas últimas horas a Valencia e a súa área metropolitana para axudar nas tarefas humanitarias e apoiar aos seus compañeiros das policías locais dos municipios máis afectados pola DANA.
Dende Redondela está previsto que partan a media tarde de hoxe dous vehículos oficiais equipados, así como 5 axentes que traballarán tamén nesas tarefas de seguridade.
Aproveitando o desprazamento destes vehículos faise un chamamento a toda a cidadanía que queira colaborar para que achegue recursos de primeira necesidade para atender as demandas da poboación afectada polas inundacións. Concretamente pídesen productos de hixiene (cueiros, toallitas, champús…), alimentos nos perecedoiros (principalmente conservas), froitas que non precisen de lavado, auga potable, leite de fórmula xa preparada en briks. Recóllense tamén toallas, mantas, luvas e mascarillas.
O punto de recollida é o Multiúsos da Xunqueira.
A inciativa, na que están a participar Policías Locais de todos os concellos de Galicia, é froito dun acordo acadado nas últimas horas coa Federación Valenciana de Municipios e Provincias.