Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Elba Torres achéganos á historia das mulleres galegas na emigración

RR_Noticias

A escritora e actriz cubana ten feito un interesante investigación sobre o fenómeno das migracións, centrándose no protagonismo das mulleres. A historia destas mulleres, como María Muñoz ou Carmen Arias, que deixaron pegada nos seus países de acollida, será o centro dunha charla que impartirá mañá martes no Multiusos de Chapela.

Son as grandes descoñecidas da historia. Mulleres que formaron parte do fenómeno da emigración galega e que protagonizaron importantes fitos nos seus países de acollida. Algunhas delas son recoñecidas no outro lado do Atlántico, pero non en Galicia, a súa terra de orixe. É o caso de María Muñoz, erudita da música cubana, Carmen Arias, que criou a Ernesto “Che” Guevara, ou a revolucionaria Inés Santamaría, nai da Nova Troba Cubana. A escritora e actriz cubana Elba Torres achegaranos á interesante historia destas e doutras moitas mulleres. Ademáis dunha extensa traxectoria na poesía, o xornalismo e o teatro, Torres Rondón leva tempo investigando o fenómeno das migracións, colaborando co Grupo de Comunicación de Galicia en el Mundo. Froito dos seus estudos publica dous libros, “20 mujeres y una leyenda” e “Luces de la Diáspora”. A cita é mañá martes, día 21, ás 20:00 horas, no Multiusos do Piñeiral do Crego, onde tamén está aberta ao público a exposición Mulleres Galegas na Historia. Elba Torres falará sobre algunhas destas destacadas mulleres e a súa contribución vital na diáspora, pero tamén se achegará a outras galegas que, alén das nosas fronteiras, sobresaíron en diferentes eidos da cultura, a ciencia ou as artes.

Elba Torres escritora
Moitas destas mulleres sobresaíron no mundo da cultura a ciencia ou as artes.
Descoñecidas en Galicia
En moitos casos son mulleres recoñecidas nos países aos que emigraron pero non en Galicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará