Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dobre derbi en Redondela entre o balonmán local

432548310_909583037843291_9219919453494991758_n

Foto de Patry Rivas

As mozas de División de Honra Prata Feminina da SAR Rodavigo recibel ao Asmubal Meaño este sábado ás 18.45 horas no Pavillón Municipal de A Bomboneira. Por outra banda, As Choqueiras de Redondela enfrontaránse á SAR Bluenewables no Pavillón de A Marisma do domingo ás 10.00 horas na liga de Segunda Autonómica.

División de Honra Prata Feminina

SAR ROSAVIGO – INELSA SOLAR ASMUBAL MEAÑO

A SAR Rodavigo atópase de noveno na clasificación xeral con nove puntos, catro partidos gañados, catro perdidos e un empate. Este sábado enfrontarase a un dos favoritos na liga, o Asmubal Meaño que se sitúa de segundo na clasificación xeral. As de Vero terán que loitar nesta primeira volta para conseguir sumar puntos.

Primeira Autonómica Feminina

BM CHAPELA – BM XALLAS

As mozas de Primeira Autonómica do BM Chapela reciben ao BM Xallas o sábado ás 18:15h no Pavillón Municipal Manuel González Soto. Nestes momentos están no último posto da clasificación e moi necesitadas de puntos, xa que aínda non conseguiron sumar. Enfrontaranse ao sétimo clasificado durante esta cuarta xornada de liga, onde aínda está todo por definir.

Segunda Autonómica Feminina

AS CHOQUEIRAS DE REDONDELA –  SAR BLUENEWABLES

Nunha situación similar atópanse as xogadoras sénior das Choqueiras de Redondela, pechacancelas do seu grupo e aínda sen sumar puntos. Estamos no comezo da tempada e queda moito por loitar. De momento esta fin de semana tentarán arrincar algún punto no partido contra a Sar Bluenewables que se atopan de segundas pola cola cunha vitoria nas tres xornadas que levan de liga.

Xogarán o derbi este domingo ás 10.00 horas no Pavillón Muncipal de A Marisma.

Primeira Autonómica Masculina

SEIS DO NADAL COIA – SAR OPMOBILITY

Os mozos de primeira autonómica da SAR OPmobility a próxima xornada visitan a pista do actual líder, o Seis do Nadal Coia. Os de Redondela están nunha moi boa posición, no terceiro posto e con moitas posibilidades de volver a liderar a liga.  Un partido importante que pode cambiar os tres primeiros postos da táboa.

BM CHAPELA – BM LINEA21 LIGNUM PLUS

Na mesma liga o BM Chapela recibe ao BM Linea21 Lignum Plus no Pavillón Municipal Manuel Gonzalez soto ás 16:30h. Os de Chapela atópanse no medio da táboa e o seu rival sitúase por debaixo, polo que teñen posibilidades de sumar nesta oitava xornada da liga.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará