Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco entre os cinco últimos de Preferente Sur

RR_Noticias

 
Aos redondeláns fíxoselles costa arriba o campo do líder, o Gran Peña, fronte o que perderon por cinco a tres. Uns malos resultados que foron a tónica xeral desta xornada onde todos os equipos locais, salvo o Soutomaior que empataba co Santomé na casa, perdían a oportunidade de sumar tres puntos.

Regional Preferente
Gran Peña-Choco (5-3) O Choco entre os cinco últimos logo de perder contra o Gran Peña. Festa de goles no campo de Barreiro, en total oito tantos, pero que non lle darían a vitoria aos choqueiros. Malia que anotaron tres penaltis os vigueses foron moi superiores e estiveron por diante no marcador dende o minuto 24 cando o xogador do Gran Peña, Saul, anotaba o primeiro gol.
Ao remate da primeira parte os locais levaban unha vantaxe de dous tantos sobre os redondeláns e as cousas non cambiarían moito no segundo tempo. No minuto 52, Pablo anotaba o terceiro tanto para o Gran Peña e dous minutos despois chegaría o cuarto. Os últimos vinte minutos favoreceron ao Choco con tres penaltis dos cales dous rematarían e gol ao que hai que sumarlle un gol de Arias pero os xogadores do Choco non foron quen de remontar os cinco tantos do Gran Peña que demostrou por que ocupa a primeira posición da clasificación.
Pero os redondeláns xa pensan no próximo partido no que recibirán en Santa Mariña ao Arousa, noveno da táboa, e saír así dos últimos postos da clasificación, xa que agora son quintos pola cola.
Primeira Autonómica
San Adrián-Arcade (3-1). Mal partido o do Arcade en San Adrián de Cobres. Malia que durante a primeira parte conseguiron que o San Adrián non chegase a súa portería no segundo tempo Pata, Roman e Diéguez convertéronse nun verdadeiro pesadelo para os de Soutomaior. Eles foron os encargados de anotar os tres goles que lle daría ao San Adrián a vitoria. Os xogadores do Arcade conseguían acurtar distancias cun tanto pero non igualar nin remontar o partido. Un resultado de tres a un que non deixa en bo lugar aos locais, son penúltimos con un punto e tan só por diante do Castrelos. A próxima xornada recibirá na casa aos Traviesas, polo que terá moito que pelexar xa que os vigueses están loitando co Mondariz e o Guardés polo primeiro posto.
San Martín-Chapela (1-0) O San Martín amosou a súa superioridade na casa. Sen dificultade e con máis oportunidades das que finalmente faría efectivas vencía ao Chapela por un a cero. Resultado que sitúa aos redondeláns na décima posición e as perspectivas para o próximo encontro non son moito mellores xa que reciben na casa ao Guardés, o líder da categoría, dos que os separan once puntos.
Terceira Autonómica
Moraña-Cesantes (3-0) Cumpríronse os peores augurios para o Cesantes que esta xornada perdía fronte o líder do grupo o Moraña. Sen dificultade, con bo xogo e ritmo conseguiron atravesar a portería dos de Redondela en tres ocasións. Polo momento o Cesantes non conseguiu sumar ningún punto e pecha a clasificación. A próxima semana recibirán na casa ao Beluso, que malia ser décimo tampouco inaugurou o seu marcador.
Soutomaior-Santomé (1-1) Empate para o Soutomaior na casa que recibiu ao Santomé un dos seus rivais directos. Partido moi igualado que remataba cun marcador de un a un. A próxima semana tentarán continuar gabeando pola clasificación. Son sétimos e viaxarán ao campo do Bueu polo que non o terán nada sinxelo, xa que os da comarca do Morrazo, son terceiros e tentarán, arrebatarlle o posto ao Moaña B, segundo, e ao líder o Moraña.
Rubios-Nespereira (3-1) O marcador do Nespereira continúa en branco logo de perder fronte ao Rubiós na casa deste. Malia que marcaron un tanto non lles serviría de moito para gañar o partido porque os de Rubios anotaron tres tantos. Unha derrota que deixa ao Nespereira entre os tres últimos, so por diante do Areas e o Oliveira e esta semana terán que preparar un encontro moi complicado, xa que visitarán o seu campo o equipo das Neves que encabeza a clasificación con nove puntos.

Miño-At.Vilar (1-0) O Vilar non puido superar ao Miño na segunda xornada de liga. Xogaban fora da casa e contra un Miño que pretendía continuar coa boa racha do comezo de liga, no que gañaban ao Vilariño, e así foi. Un gol do conxunto local faría que os redondeláns perderan os tres puntos desta xornada. Así as cousas, é logo da vitoria que conseguían na primeira xornada fronte ao Tyde (3-1), os de Vilar son novenos con tres puntos. A próxima xornada terán a oportunidade de mellorar eses resultados xa que recibirán ao penúltimo da categoría o Guillarei.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará