Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior recadará 40.000 euros anuais cunha nova taxa ás empresas de telefonía móbil

RR_Noticias

A medida foi adoptada no último pleno municipal. O BNG critica que o goberno local esperase tras anos para aprobar unha taxa que os nacionalistas propuxeran xa no ano 2007 o que significa que se deixaron de recadar 120.000 euros

Unha nova taxa gravará ás empresas subministradoras de telefonía móbil en Soutomaior, o que permitirá recadar ao concello máis de 40.000 euros anuais.
Esta medida foi adoptada cos votos a favor de PP e BNG na última sesión plenaria celebra no concello o pasado 5 de novembro. Dende o grupo nacionalista, aínda que se apoio a medida, critícase que esta proposta tardase tres anos en ser aprobada xa que segundo explican o BNG propuxera “a creación deste imposto e unha conxelación das taxas do lixo, subministro de auga e de servizo de velatorio no 2007, pero o Partido Popular naquel momento preferiu subir estas taxas antes de gravar ás empresas de telefonía móbil”
O voceiro nacionalista neste concello Fernando Herrero, entende que a decisión adoptada agora polo PP responde á situación de crise económica o que obriga ao PP “a botar man das propostas do nacionalistas para maquillar os orzamentos do concello para o 2011″. Lamentan no BNG que o atraso na adopción desta medida supuxo que o concello deixase de recadar máis de 120.000 € por non levar a cabo unha medida que xa leva anos aplicándose noutros municipios”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará