Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco benefíciase dun gol en propia porta do rival para facerse coa vitoria

RR_Noticias

No partido disputado en Santa Mariña non todo foron boas noticias, porque a pesares de impoñerse ó Ribadumia, o Choco rematou o encontro cun home menos por expulsión. No resto de categorías non foi unha boa xornada para os equipos locais, que só sumaron algunha vitoria na Terceira Autonómica.

Preferente Sur
Choco 2-Ribadumia 0O Choco mantén a 12ª praza nesta liga ó gañar ó Ribadumia por 2-0. Un gol en propia porta no minuto tres de xogo facilitou o camiño ó Choco no partido co Ribadumia. Dabarca sacou un corner pola banda dereita e Juanjo, nun intento de despexar o balón, introdúceo na súa propia portería poñendo o 1-0 no marcador. A partires dese momento o Ribadumia fíxose dono do terreo de xogo, pero o Choco agardou atrás e non lle permitiu crear oportunidades ó equipo visitante. Pero non todo foron boas novas para os de Julio Álvarez, no minuto 35 quedaron cun home menos por expulsión de Eric, e no mesmo minuto, tamén foi expulsado o adestrador por protestar a decisión arbitral. A reanudación comezou co Choco dominando e dando moi poucas opcións ó Ribadumia. Nas ocasións que chegaron á portería local, Cortegoso resolveu con solvencia. No minuto 80 foi Calo o que puxo o 2-0 definitivo nunha fermosa xogada persoal.Os tres puntos permiten ós redondeláns manterse 12º, pero xa máis preto da metade alta da táboa. Na próxima xornada visitan a casa do pechacancelas, A Peroxa
 
Primeira AutonómicaCaselas 2-Arcade 1Os de Salceda foron os claros dominadores do encontro, e mesmo puideron marcar máis goles, xa que tiveron ocasións claras. Con todo, o Arcade tamén desaproveitou algunhas ocasións. A derrota deixa ós de Jacobo Montes na 14ª posición da táboa. Poderán ter ocasión de mellorar a súa situación o próximo domingo, xa que reciben na casa ó pechacancelas, o Castrelos, que só suma un punto no que vai de liga.
Mondariz 3-Chapela 0
O Chapela só puido aguantar os primeiros 45 minutos de xogo coa portería a cero. Xa na reanudación o Mondariz amosouse moi superior ós de Luis Ferreira con goles de Fede, por partida dobre, e Nico. A derrota fai caer un posto ó Chapela, que agora é 14º. E na próxima xornada agárdaos un encontro complicado xa que reciben en Chapela ó Gondomar, colider da categoría.
 
Terceira Autonómica
Pontecaldelas 0-Cesantes 1
Os de Redondela escalan dous postos na táboa ó acadar unha vitoria pola mínima no campo do Pontecaldelas. Agora son 7º, e o próximo domingo terán ocasión de mellorar esa posición, xa que recibirán na casa a un rival, a priori, moi inferior, o Presqueiras, o pechacancelas do grupo, que aínda non suma ningún punto nesta temporada.
Soutomaior 0-Praderrei 2
O Soutomaior cae dous postos coa derrota diante do Praderrei, agora están na 6ª posición da táboa. No partido, que chegou con empate a ceros ó descanso, foi expulsado un xogador local por doble amarela, o que deixou ó Soutomaior en inferioridade, e fixo posible a vitoria dos visitantes. Na próxima xornada visitarán o campo dun dos equipos da parte baixa da táboa, o Moraña.
Arcade B 1-Beluso 3
O filial do Arcade non foi quen de aguantar o ritmo dun rival que demostrou ser moi superior, e xustificou a súa situación na parte alta da táboa. A pesares da derrota os de Soutomaior mantéñense na 13ª praza do grupo. O próximo domingo visitan o campo do Moaña B (11º).
S.Salvador 0-Vilar 0
Os de Redondela escalan unha posición na táboa, ata a 12ª, grazas ó empate sen goles diante do S. Salvador. Na próxima xornada reciben ó Vincios, equipo co que están empatados a puntos.
Barciademera 2- Nespereira 2O empate non foi suficiente para que o Nespereira mantivera a súa situación na táboa, e cae un posto, ata o 8º. Os de Pazos terán ocasión de mellorar esta posición na próxima xornada, xa que reciben na casa ó pechacancelas do grupo, o Oliveira.
 
Fútbol Sala- Autonómica Sur
Enriel 7- Redondela 2
Os redondeláns recibiron un duro correctivo do Enriel, que goleou ó Redondela cun resultado final de 7-2. A derrota deixa ó equipo local na 10ª posición da clasificación. A próxima fin de semana recibirán na casa a un dos equipos da parte baixa da táboa, o C.Alonso, 12º do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará