A auga procedente da canalización xeral inundou a despensa, a cociña e o cuarto de caldeiras dunha vivenda situada no camiño do Torreiro preto da oficina de Correos en Chapela.
Na madruga de hoxe os propietarios dunha vivenda unifamiliar no camiño do Torreiro en Chapela leváronse un bo susto cando a rotura da canalización da auga provocou que se inundase parte do inmoble, concretamente a auga anegou a despensa, a cociña e o cuarto de caldeiras.
A policía local recibía ás sete da madrugada unha chamada dos veciños alertando do sucedido, polo que unha patrulla se desprazou ao lugar. Unha vez comprobado que se trataba dunha avaría no tubo xeral avisouse á empresa concesionaria do servizo Aqualia para que procedese a arranxar a canalización. Dáse a circunstancia de que esta é a terceira vez que rebenta o tubo praticamente no mesmo lugar.
En canto aos efectos do temporal, non hai que lamentar no Concello ningún incidente grave pero sí algunhas incidencias segundo informaba a primeira hora a policía local. Así ás doce e media de onte unha árbores caía no camiño da Cabadiña no barrio de Fortóns en Cedeira. Un retén do Gruñir retiraba a árbore e pouco despois tiña que actuar no camiño de Casal na mesma parroquia para limpar unha mancha de gasóleo dun 20 metros derramada por un camión.
Axentes da policía tiveron que desprazarse ademais á N.-550 para retirar da estrada un colector que se tiña desprazado á vía na zona de Soutoxuste co conseguinte perigo para os condutores.