O cooperativismo como fórmula de autoemprego será un dos temas que se aborde na xornada de Cultura e cooperativismo que esta tarde se vai desenvolver no Multiusos da Xunqueira organizado pola Federación de cooperativas Sinerxía. Un acto aberto a todos os que desexen asistir de xeito gratuíto a partir das 19:00 horas.
Na xornada de hoxe sentaranse as bases de cómo crear unha cooperativa e de cales son os pasos a seguir para que a futura empresa teña éxito. Unha pauta que pasa necesariamente por un plan de viabilidade que nos permitirá analizar, antes de realizar calquera investimento, os pros e contras da nosa idea e as súas posibilidades de futuro na zona. Así nolo explicaba a técnica da federación de cooperativas Pilar López Alves quen insistía na importancia de contar cun “bo plan de empresa onse se analice a situación do mercado en profundidade”. Un xeito alternativo de crear emprego onde traballadores e xefes son as mesmas persoas, algo que está a facer que as cooperativas estean a soportar mellor os tempos de crise grazas a “que nas cooperativas atopamos unha maior creatividade para afrontar situación negativas así como maior diversidade na producción e nos servizos que ofrecen, o que se traduce nunha maior resistencia nos malos tempos” O motivo de que a xornada de Cultura e cooperativismo se desenvolva en Redondela é polo interese mostrado por algúns veciños de cara a poñer en marcha unha experiencia de cooperativa no sector cultural, motivo polo que se presentará a experiencia real de “Pegadas” unha empresa dedicada ao sector publicitario