Os locais Hostal Antolín, Bar Aifos, Cafetería Sol, O Café da Vila, Mesón La Isla, Bar A Cova e Churrería Pepe participarán nesta campaña organizada pola Concellaría de Normalización en colaboración coa Asociación de Empresarios de Redondela.
A iniciativa pretende achegar á hostalaría local recursos novidosos que estimulen a utilización da lingua galega como lingua preferente nas súas relacións cos clientes, na oferta de servizos e produtos, e na súa publicidade. Para conseguir este obxectivo distribuiranse dous tipos de soportes onde a lingua galega estará presente como sinal de identidade e agradecemento. Ademais dos soportes de menús do día ou cartas tamén contarán os establecemento adheridos con panos de mesa co agradecemento “Grazas por escollernos”. Ademais incluirá carteis publicitarios da campaña e dípticos con información e un glosario de termos da hostalaría e os seus produtos. Ao sumárense a esta iniciativa os establecementos hostaleiros adquiren tamén un compromiso de continuidade, a progresiva galeguización de todos os soportes do seu establecemento, e a utilización da lingua galega como lingua preferente.