Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración no Concello contra a Violencia de Xénero

RR_Noticias

O acto convocado pola Concellería de Igualdade desenvolverase o xoves ás 12:00 horas diante do Concello co gallo da celebración ó día 25 de novembro do Día contra a Violencia de Xénero. Dende Igualdade aproveitan a data para denunciar a redución de recursos que a Xunta destina á combater a violencia contra as mulleres

A Concellaría de Igualdade convida aos veciños a participar na concentración que terá lugar o próximo día 25 de novembro ás 12:00 horas diante da casa do Concello.
Neste acto terá lugar a lectura da Declaración Institucional do Concello de Redondela polo día Internacional contra a violencia de xénero, nun ano no que son xa “66 as mulleres oficialmente mortas por violencia de xénero en todo o estado ademais de 3 menores, de 4 meses, 3 e 5 anos quen tamén faleceron coas súas nais”.
Dende a Concellería engaden que a erradicación da violencia contra as mulleres ten que ser unha prioridade de calquera goberno, polo que entenden sería preciso que o goberno galego actual “non limitara máis os recursos económicos e as institucións que destina ao traballo e á loita en favor da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres”.
O departamento de igualdade critica que se estean a paralizar dende o goberno autonómico as axudas económicas que reciben as mulleres sen recursos vítimas da violencia, o chamado salario da liberdade así como os orzamento destinados aos servizos especializados na atención ás mulleres.
Por último reclaman que se dea prioridade á posta en marcha de “todos os dispositivos previstos na Lei Galega de Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero, con especial mención para a posta en marcha sen máis tardanza dun Centro de Recuperación integral para ás mulleres ou a creación dun Observatorio Galego da Violencia de Xénero”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará