Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preguntan no Parlamento por expropiacións non incluídas no proxecto de ampliación da AP-9

RR_Noticias

O BNG demanda ao Ministerio de Fomento información sobre o número de expropiacións sque se van realizar en Chapela ante o temor de que as propiedades  afectadas sexan máis das que se recollen no proxecto publicado no BOE. Os veciños denunciaron hai semanas que unha empresa esta a realizar indagacións na parroquia nese sentido.
 

A deputada nacionalista Olaia Fernández ven de rexistrar unha iniciativa parlamentar na Cámara na que se pregunta ao goberno se vai expropiar propiedades que non están incluídas na listaxe de expropiación do proxecto publicado no BOE para realizar a ampliación da autoestrada.
A deputada do BNG explica na súa iniciativa parlamentar que veciños da parroquia de Chapela denunciaron as indagacións que a empresa contratada pola concesionaria da AP-9 está a facer nas súas propiedades. “Incluso saben que para realizar a avaliación, esta empresa contou con planos e documentación de propiedades afectadas que non están nos planos do documento público”.
Davila pon de manifesto que se trata de propiedades que non están incluídas na listaxe de expropiacións do proxecto público publicado no BOE en xullo pasado. “Unhas indagacións que provocaron a alarma entre o colectivo de afectados pola ampliación da AP-9 xa que indica os titubeos do Ministerio de Fomento que non ten claro o que vai facer”.
Esta é a razón pola que Olaia Fernández solicita información ao Ministerio de Fomento sobre cal é o motivo que está detrás desas indagacións, si prevé o goberno a posibilidade de expropiar terreos que non están recollidos na lista publicada e se ten claro o Ministerio de Fomento a actuación consistente na ampliación da AP-9 en Rande”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará