Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Modesto Pose visita Redondela no aniversario da súa elección como responsable provincial do PSdG

RR_Noticias

O secretario provincial do PsdG-PSOe visitou onte Redondela dentro da xira provincial que está a facer ao cumprirse un ano do seu nomeamento. Pose amosou a súa confianza en que o candidato á alcaldía, Eduardo Reguera, sexa ratificado pola asemblea local, salientando a súa “boa xestión” como concelleiro.

Quedan aínda algo máis de cinco meses para as eleccións municipais pero Redondela está xa a recibir nos últimos días visitas de dirixentes políticos de diferentes cores para apoiar a labor das súas formacións neste Concello. Se onte era o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, hoxe a quenda foi dos socialistas. Modesto Pose, secretario provincial do PSdG-PSOE, estivo en Redondela co gallo do primeiro aniversario do seu nomeamento, dentro dunha rolda de contactos que está a ter co todas os grupos socialistas de Pontevedra. Pose salientou que de cara ás próximas eleccións municipais os cometidos do seu partido son dous, elaborar proxectos “que melloren a calidade de vida dos veciños” e poñer á fronte deses proxectos “ás persoas máis válidas”. Por iso eloxiou a candidatura de Eduardo Reguera á alcaldía que, a falta de ser ratificada pola asemblea local, conta co “apoio unánime” da agrupación. O actual concelleiro de Cultura, aínda que se amosou prudente á falta de que o seu nomeamento sexa oficial, anunciou que a lista do PSOE estará marcada pola “renovación”, aínda que seguirá acompañado por algún dos actuais concelleiros. Como secretario provincial dos socialistas, Modesto Pose evitou pronunciarse a favor ou en contra da ampliación da AP-9 ó seu paso por Redondela. Asegurou que “entende” a posición do partido en Redondela, contrario a unha infraestrutura que prexudicará á parroquia de Chapela, aínda que defendeu a postura do Ministerio de Fomento, que ten unha visión “máis ampla das necesidades” nas conexións entre Vigo e O Morrazo.

Modesto Pose secretario provincial PSdG-PSOE
Pose eloxia as calidades de Eduardo Reguera como candidato
Eduardo Reguera concelleiro
O candidato á alcaldía aposta por unha ampla renovación da lista para as eleccións municipais
Ampliación AP-9
O responsable provincial dos socialistas evita posicionarse no conflito entre Concello e Fomento pola ampliación da autoestrada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará