Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fernando Herrero repite como candidato do BNG por Soutomaior

RR_Noticias

O nacionalista presenta un programa baseado en dous eixos fundamentais: políticas activas para a creación de emprego e a elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Entende que Soutomaior se enfronta a unha “caótica situación urbanística”.

Durante a presentación da candidatura o candidato nacionalista fixo balance dos últimos catro anos de lexislatura do popular Agustín Reguera. Un periodo que ao entender de Herrero estivo caracterizado por un crecemento moi elevado do desemprego e pola caótica situación urbanística que ao seu xuizo está a causar graves problemas aos veciños.
O actual voceiro do BNG acusou aos populares de adoptar medidas anti sociais e de ser incapaces de negociar con outras administración medidas beneficiosas para os veciños como a continuidade do obradoiro de emprego. Precisamente a política laboral coa posta en marcha de políticas activas que favorezan o desenvolvemento económico e a creación de emprego así como o urbanismo, co compromiso de sacar adiante un PXOM que dea solución aos problemas dos veciños son os dous eixos básicos do programa que presenta o BNG neste concello ás vindeiras eleccións municipais.
Fernando Herrero terá como compañeiros de lista a Lorena Fernández Calvar, Francisco Daniel Alján, Manuel Lourenzo Sobral, Vanesa barreiro Vilariño, Marcos Antonio Torres Estevez e María do Carmen Dopazo González.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará