O Multiusos da Xunqueira acolle ás 20:30 horas de hoxe a proxección da película de Jean Luz Godard “Week end.”, unha nova proposta cinematográfica enmarcada dentro do ciclo que a Concellería de Cultura dedica aos acontecementos que xiraron en torno á revolta estudiantil de maio do 68
A quenda hoxe é para a película “Week End” de Jean Luc Godard. Rodada en 1967 o cineasta francés bota man dun relato de Julio Cortázar “La autopista del sur” para contarnos os problemas aos que se enfronta unha parella parisina de clase media que abandona a cidade para pasar a fin de semana no campo. No camiño, atópanse cun terrible embotellamento que vai servir para poñer de manifesto a hipocrisía da sociedade burguesa así como o resto dos incidentes e acontecementos que se van desenvolvendo ao longo da trama. O vindeiro venres día 21 proxectarase “Terra em transe” (Glauber Rocha, Brasil, 1967). E finalizará o ciclo coa proxección o día 28 do documental “Veinte años no es nada” (Joaquim Jordá, España, 2004). Todas as proxección ás 20:30 horas con entrada de balde no Multiusos da Xunqueira.