Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns afrontan a peor costa de xaneiro

RR_Noticias

Comezou o 2011 e fíxoo con fortes subas no prezo da luz, o gas, a cesta da compra… incrementos que non se acompañan dunha suba salarial que o compense, e nunha situación de elevada taxa de paro. Con este panorama os redondeláns comezan o ano  2011 con pesimismo, augurando que para as economías familiares será aínda peor que o exercicio de 2010 que vimos de deixar.

Estamos a vivir a maior costa de xaneiro da democracia, xa que enerxía, transporte e alimentación comezan o 2011 con fortes incrementos. A subida da factura da luz foi o incremento de prezos que máis polémica levantou, cun 9,8%, pero non será a única. Os consumidores van ter que apertar o cinto aínda máis para facer fronte á suba doutros moitos servizos e produtos . A inflación subiu en Galicia un 3,1%. O gas natural tamén se encareceu un 3,9%, o prezo da bombona de butano, volveu subir en xaneiro outro 3,13% co que o prezo é de 13,19 euros. Os combustibles continúan a súa senda alcista e imparable. Tamén subiu o prezo de transportes públicos como o tren, entre un 3% e un 5%, e tamén soben as peaxes das autoestradas. Os que teñan unha hipoteca tamén van sufrir incrementos, o Euribor subiu 0,28 puntos con respecto a hai un ano, o que suporá unha nova subida das hipotecas, unha media de máis de 200 euros ao ano. Tamén vai subir a roupa. Todos os produtos téxtiles de algodón van rexistrar incrementos do 15% polo aumento do prezo da materia prima. A esta situación súmanse unhas condicións laborais precarias, con subas da orde do 1,5% no mellor dos casos, xa que para moitos traballadores o salario leva anos conxelado. A algúns, como ós funcionarios, mesmo lles baixou. Para David, un veciño de Redondela, vai ser un ano moi difícil, xa que todos os bens e servizos soben “menos os salarios”. Tamén Celia, unha funcionaria, é moi pesimista coa actual conxuntura económica. Asegura que moitas familias van quedar “nunha precaria situación”. Moitos apuntan á falta de previsión do goberno como causa desta situación, é o caso de Chelo, unha traballadora do sector da hostalaría que lamenta que o goberno “tardase tanto” en recoñecer a crise e reaccionar. E as cifras de paro continúan aumentando. Ademais o 15 de febreiro desaparecerá a axuda dos 426 euros a desempregados sen ningún tipo de prestación. Tamén se eliminou a dedución de 400 euros. Así as cousas, os redondeláns vivirán este 2011 con máis dificultades aínda que en 2010. Os expertos consideran que será este ano cando realmente se vaia a notar as verdadeiras consecuencias sociais da crise. Vai ser un ano difícil.

David veciño
Este traballador amósase moi pesimista coa situación económica para este 2011
Celia funcionaria
Para esta empregada pública a suba de prezos deixará a moitas familias nunha precaria situación.
Chelo empregada hostalaría
Esta veciña critica a falta de previsión do goberno ante a crise.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará