A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela comunica que está “garantida que a auga que subministra a través da rede de abastecemento é apta para o consumo e, polo tanto, non representa riscos para a saúde humana. Neste sentido, o Departamento de Medio Ambiente ten recabado a información necesaria tanto a través dos seus propios medios, a empresa concesionaria do servizo, como dos correspondentes servizos da administración autonómica”.