Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR cae pola mínima nun encontro disputado na casa ante o OAR Coruña

RR_Noticias

A peguform Sar continúa nos postos de descenso logo dunha nova derrota nun partido disputado na bomboneira. Os redondeláns deixaron escapar os puntos por tan só un gol ao caer ante o Oar Coruña por 20 goles a 21. mesma sorte correu o Paraxe Chapela, equipo que se sitúa no quinto posto da categoría logo de caer derrotado ante o Calvo Xiria cun resultado de 36-27.

Mala xornada para os equipos redondeláns que regresaron á competición en 1ª Nacional logo do descanso de Nadal, colleitando senllas derrotas.
A SAR comezaba o ano cun obxectivo claro: tentar escapar dos postos de descenso cun novo adestrador no seu banco, Javier Barrios, un experimentado técnico que pasou por equipos de elite como o Octavio ou o Teucro que chegou á Sar para substituír a Mingos Dacunha.
O cambio sen embargo non se traduciu nunha vitoria. Os redondeláns pelexaron todo o partido e incluso nos últimos segundos dispuxeron dun balón para empatar o partido pero o lanzamento estrelouse contra a portería coruñesa. O partido disputado na bomboneira rematou co resultado de 20 goles a 21 a favor do OAR Coruña. Aos de Redondela aínda lles queda tempo pero é evidente que cada vez contan con menos marxe de manobra  Na vindeira cita a Peguform desprázase ao campo do Lalín onde tentarán sumar algún punto.
Pola súa banda, o inicio do ano non foi mellor para os de Chapela, o paraxe caía ante o Calvo Xiria por un avultado 36-27. Os de Fran Teixeira tiveron un mal inicio de partido e non foron quen de remontar. Na vindeira fin de semana o Chapela recibe na casa ao Porriño, encontro de máxima rivalidade e onde os do Louro parten como favoritos xa que son segundos da categoría e teñen catro puntos máis que os chapeleiros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará