A Concellería de Xuventude de Soutomaior ten aberto o prazo de inscrición para participar en diferentes actividades formativas orientadas a mellorar as capacitacións educativas dos veciños. En febreiro arrancará un curso preparatorio para a obtención do título de ESO para maiores de 18 anos e un aula de apoio para a mellora do éxito escolar.
Así, no mes de febreiro impartirase un curso preparatorio para a obtención do título de ESO. Unhas clases que perseguen que os maiores de 18 anos que carezan deste título poidan obtelo nas probas libres que se convocan en xuño e setembro. Os interesados teñen de prazo para inscribirse ata o 28 de xaneiro.
Tamén a partir do vindeiro mes e ata maio desenvolverase un aula de apoio para a mellora do éxito escolar. Orientado a alumnos de primaria e secundaria, achegaráselles aos participantes técnicas de estudio, hábitos como a organización e a constancia e se fará fincapé tamén na necesidade de mellorar a comprensión lectora e as capacidades para a exposicións en público. O programa da aula inclúe tamén técnicas para facilitar o control do estres antes dos exames.
As clases impartiranse os venres en horario de tarde e o prazo de inscrición manterase aberto ata cubrir as prazas.
Máis información na OMIX de Soutomaior no Multiusos de Arcade ou no teléfono 986 700 822.