Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Portos de Galicia investirá 6 millóns de euros na remodelación integral do porto de Cesantes

RR_Noticias

O presidente do ente público, José Manuel Álvarez-Campana, presentou esta mañá nas instalacións portuarias de Redondela o programa de investimentos do seu departamento para esta localidade que inclúe a construcción dun dique aboiante e a creación dunha nova lonxa, departamentos para usuarios e un edificio de servizos náutico recreativos

Portos de Galicia investirá arredor de 6 millóns de euros na mellora e reordenación do porto de Cesantes. Así o anunciou hoxe o presidente do ente público, José Manuel Álvarez-Campana, na súa visita a esta zona portuaria, no termo municipal de Redondela, para presentar o programa de investimentos do seu departamento para este porto.
O plan de inversións para o porto de Cesantes recolle un total de dez actuacións, sendo as máis destacadas á creación dun dique aboiante, presupostado en 950.000 euros. Para a zona de varada para travellift aportaranse 900.000 euros, mentres que os departamentos para usuarios, necesarios para o traballo diario dos mariñeiros, suporán un investimento de 800.000 euros.
Portos de Galicia achegará, así mesmo, 750.000 euros para o edificio de servizos náutico recreativos, co que se ampliará a dimensión de actividade do porto redondelán, e 600.000 euros para a nova lonxa, insistindo deste xeito no impulso á actividade profesional pesqueira das instalacións portuarias. A mesma cantidade destinarase tamén á demolición do dique actual, que será substituído polo citado dique aboiante. Finalmente, as pontes para paso de auga requerirán dunha partida de 550.000 euros; a urbanización do contorno, doutros 500.000 euros; o dragado, de 250.000 euros; e a expropiación dunha parcela, necesaria para a ampliación das instalacións, de 100.000 euros.
Dende a dirección de Portos destácase o “carácter integral” da reforma prevista para Cesantes coa que queren impulsar a “actividade profesional na instalación portuaria”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará