O curso, organizado pola COncellerái de Servizos Sociais e impartido pola empresa FESAN, desenvolverase os sábados no Multiusos da Xunqueira e os participantes adquirirán coñecementos de psicoloxía, educación ambiental, expresión plástica así como técnicas de animación.
As motivacións que levan á xente a solicitar este tipo de formación responde sobre todo a motivos laborais, xa que procuran así abrirse á posibilidade de obter un traballo en centros socioculturais, campamentos, escolas infantís, garderías, ludotecas ou mesmo traballar en empresas de tempo libre. Tamén hai profesionais que xa desenvolven a súa labor no campo do tempo libre pero que carecen de formación recoñecida, polo que se achega ao curso para obter un título ou mesmo para actualizarse. A actividade que organiza a Concellería de Servizos Sociais e imparte a empresa Fesan, comezará o sábado 19 de febreiro e desenvolverase os sábados ata o 25 de xuño. En total a actividade terá unha duración de 350 horas e constará de 200 horas teóricas e 150 prácticas. O custe do curso é de 250 euros. Máis información no teléfono de Servizos Sociais no 986 40 80 43 ou no número 986 84 82 58 da empresa Fesan.