Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello advirte que non permitirá o tráfico de camións por Chapela cara Teis

RR_Noticias

O PP insta ao edil de tráfico Eduardo Reguera a ser “máis contundente” co seu homólogo en Vigo e o edil contesta que en ningún caso se accederá ás pretensión do Concello olívico de desprazar o tráfico que vai cara o litoral de Teis pola parroquia redondelá  

“Non vamos permitir que o concello de Vigo organice o tráfico por Redondela” así se manifestaba o responsable de tráfico Eduardo Reguera ante a intención do concello de Vigo de desviar por Chapela o tráfico pesado con destino ás naves do litoral de Teis. As manifestación de Reguera producíanse logo de que o PP lle reclamase maior contundencia ante as intencións de Vigo. O edil redondelán, que se reunía a semana pasada co seu homólogo vigués, Julio Calviño para comunicarlle “que en ningún caso se permitirá o paso de camións polo casco urbano de Chapela”, engadía que xa cando no 2008 se produciron as primeiras manifestación nese sentido procedeuse a colocar dúas sinais tanto no Alto da  Encarnación como na zona de Catro Pontes nas que se advirte da prohibición de circular pola Avenida de Vigo, coa excepción de aqueles camións que pro dirixirse á empresas que se atopan no litoral de Chapela si contan coa perceptiva autorización A polémica reavivábase a semana pasada logo de retomar o concello de Vigo un plan de restruturación de tráfico que contempla prohibir o paso de camións por Sanjurjo Badía, qu4en debería usar como alternativa para acceder ás naves frigoríficas do litoral de Teis a autoestrada AP-9, saír na nova rotonda de Rande e dar a volta para adentrarse pro Chapela.

Eduardo Reguera edil de tráfico
Asegura que non se permitirá que o tráfico pesado a Vigo pase por Chapela
Alberto Pazos PP
O voceiro popular demandaba ao edil de tráfico máis contundencia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará