Critican que o proxecto careza de estudos técnicos e partidas presupostarias concretasOs naiconalistas critican o proxecto presentado por Portos de Galicia para reformar a zona portuaria de Cesantes por entender que se trata de “papel mollado” ao “non estar avalado nin por estudos técnicos nin por partidas presupostarias concretas”.
O responsable local do BNG, Xoán Carlos González, recorda que nos últimos anos presentaron diversas emendas aos presupostos da Xunta para a remodelación do porto de Cesantes onde demandaban un peirao sobre pilotes e unha nova lonxa, unhas propostas encamiñadas á mellora das condicións de traballo dos membros da confraría de pescadores, así como outras actuacións encamiñadas a rexenerar a praia de Cesantes. Unhas emendas que segundo explica “foron reiteradamente rexeitadas polo Partido Popular no Parlamento galego”.Para a formación nacionalista, a presentación dun proxecto de reforma da zona polo presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, “tratouse dun acto meramente electoralista, co único obxectivo de facer a campaña ao candidato do PP, Javier Bas,” indica González.Dende o BNG critican o “uso partidista que fai o PP das distintas institucións e organismos” e esixen “unha rectificación pública por esta actuación grotesca que recorda a tempos pretéritos”, conclúe o responsable nacionalista.