Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fin de semana de triunfos para o balonmán local

RR_Noticias

O Chapela continúa nos postos de cabeza, son terceiros da categoría logo de vencer ao Cisne por 34 goles a 26. Tamén vitoria para a Sar, un equipo moi necesitado de puntos xa que son penúltimos. Os redondeláns daban a sorpresa na súa visita ao campo do Magope Seis de Nadal e conseguían o ansiado triunfo por 24-27

O Praxe Chapela vivía este sábado unha nova xornada favorable logo de vencer ao Cisne por 34 goles a 26 nun encontro disputado no pavillón da parroquia redondelá
Os de Fran Teixeira continúan mirando cara os postos de ascenso grazas a esta vitoria e con renovada confianza desprazaranse na vindeira semana á casa do Atlético Novás. Un interesante encontro que enfronta a dous rivais directos xa que tan só os separa un punto na categoría.
Pola súa banda a SAR acadaba tamén unha importante vitoria, xa que a pesar de xogar fora da casa e logo de varios encontros sen coñecer o triunfo, foron quen de vencer ao Magope Sei do Nadal. Todo apuntaba a un triunfo local cuns vigueses que se tiñan metido no grupo dos aspirantes ao ascenso, pero a SAR soubo plantarlles cara. O encontro caracterizouse pola igualdade de forzas, pero os de Redondela souberon xogar con serenidade nos últimos minutos do partido o que lle valeu o triunfo.
Unha vitoria da que anda moi necesitados na Peguform xa que son penúltimos do grupo. Na vindeira xornada teñen novamente un partido difícil, repiten fora da casa, o seu rival serán os vigueses do Cinco Jotas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará