Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco rompe a racha do Ourense B e faise cos tres puntos en Oira

RR_Noticias

A sorte estivo desta vez do lado dos redondeláns. Despois de varias semanas encadeando resultados negativos, os de Julio Álvarez acadaron onte a vitoria en Ourense diante dun duro rival que levaba oito partidos sen perder. As baixas pasáronlle factura ó filial da cidade das Burgas e o Choco soubo aproveitar esa vantaxe, a pesares de volver xogar cun home menos pola expulsión de Gorka con vermella directa no minuto 40.

Preferente AutonómicaOurense B 0-2 Choco
Os de Redondela foron superiores ós locais xa desde o inicio do encontro. Sentoulles ben madrugar ós choqueiros, que comezaron presionando moi arriba, e xa no minuto cinco puxéronse por diante no marcador cun gol de Richi ante a saída do porteiro local Pablo. Cinco minutos despois Calo estrelou un balón no pau, pero Bruno non fallou no minuto 24, o dianteiro centro anotou o segundo gol do Choco. Antes de rematar a primeira parte, no minuto 40, os redondeláns quedaron cun home menos pola expulsión do defensa Gorka por un golpe co cóbado a un dianteiro ourensán. E en inferioridade numérica aguantaron toda a segunda metade. O Ourense B tivo varias ocasións nos primeiros minutos , pero faltoulles acerto, e o Choco volveu dominar o centro do campo. Os de Julio Álvarez amosáronse como un equipo moi ben colocado, frustrando os intentos dos ourensáns, e tentando aumentar a vantaxe á contra, aínda que con disparos desde moi lonxe que non ocasionaron problemas a Pablo.
Un bo resultado para o Choco, esta vitoria a domicilio, que lles serve para escalar unha posición na táboa e saír dos postos de perigo. Agora, desde a 13ª praza, e coa inxección de moral que supón esta vitoria, preparan o encontro que os enfrontará o domingo en Santa Mariña ó Gran Peña, outros dos equipos da parte alta da clasificación (7º)
Primeira Autonómica
Guardés 1-2 Chapela
Os de Luis Ferreira fixeron un espléndido partido na Guarda, e foron quen de impoñerse a domicilio a un dos equipos da parte alta da táboa.. Con todo, o Chapela segue nunha situación complicada da táboa, son 15º, e precisan seguir sumando puntos para escapar canto antes dos postos de descenso. A próxima cita en Chapela mediranse a un duro rival, o Salvaterra, actualmente 3º do grupo.
Alerta Travesas 2-1 Arcade
Se o fútbol fose xusto o Arcade tería merecido moito máis no partido disputado en Navia. Os de Jacobo Montes empezaron atacando e foron os claros dominadores do encontro. Ata que chegou o gol, no minuto 20, obra de Yeray, que os poñía por diante. E a cinco minutos do descanso, nun saque de esquina, os locais igualaron o encontro. Xa na segunda parte os do Arcade foron os que atacaron con máis decisión e mesmo puideron ampliar a vantaxe nun par de contras, pero a boa actuación do porteiro local evitouno. E a falta de dous minutos para o final e outra vez a balón parado, o Alerta anotou o gol da vitoria. Un duro pau para o Arcade, que foi moi superior, e excesivo premio para o Alerta, que mantén o liderado. As cousas complícanse para os de Soutomaior, son 16º , próxima xornada reciben ó Vilariño, da metade da táboa.
Terceira Autonómica
Arcade B 0-2 Cesantes
Premio para os de Redondela no derbi entre os dous equipos veciños. Con esta vitoria o Cesantes distánciase máis do filial do Arcade ao escalar dúas posicións na táboa. Agora son 7º, mentres que a derrota deixa ó Arcade B na 11ª praza.
Na próxima xornada o Cesantes recibe a un feble rival, o Salcedo, o penúltimo clasificado. O Arcade B xogará no campo do Praderrei, da parte baixa da táboa, está un posto por baixo do filial do Arcade.
Soutomaior 2-1 Caroi
O Soutomaior escala dúas posicións coa vitoria diante do Caroi, xa son 5º, e achéganse ós postos de cabeza. Precisamente o domingo xogará no campo dun dos equipos da parte alta, o Sampaio. Partido de rivalidade entre dous equipos veciños. O Sampaio é 3º, suma tres puntos máis que o Souotmaior
Choco 1-1 La Guía
Os de Redondela non conseguiron pasar do empate, polo que baixan un posto, son 7º. A vindeira xornada xogan no campo do Gran Peña, no 9º posto.
Guillarei 1-0 Vilar
O Vilar cae un posto ao non poder superar ao Guillarei. Baixan ata o posto 13º, e na vindeira xornada reciben ao Atios, da parte alta do grupo.
As Neves 3-0 Nespereira
Os de Pazos volven baixar postos no seu grupo, ata o 12º, despois da derrota nas Neves. Na vindeira xornada reciben a un rival complicado, o Xinzo, 3º do grupo
Futbol sala-Autonómica Sur
San Martiño 2-2 Redondela
O equipo de Manoliño segue nunha complicada situación na táboa, a pesares de ter escalado un posto co empate, agora son 13º, aínda que teñen un partido menos disputado. Próximo partido reciben ao Lavadores, o 7º clasificado do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará