O mago redondelán Eloi Crespo é o encargado de argallar o proxecto Búrbida Máxica que permitirá achegar o ilusionismo, os xogos de cartas e o humor ao Multisuso durante tres venres consecutivos a través dos espectáculos de sete magos.
Durante tres venres consecutivos pasarán por este edificio sete magos cos seus espectáculos co obxectivo de comunicar e entreter a través da maxia de proximidade. En cada sesión serán tres artistas os que convidarán ao público á achegarse á maxia rompendo a idea do teatro en sala e promovenco un espectáculo para público reducido e en constante movemento. Os primeiros en actuar esta mesma tarde noite a partir das nove son o Mago Xosé cun espectáculo de cartomaxia, o Sr Óscar coa súa maxia de salón e Eloi Crespo, quen fai do humor un elemento fundamental da súa actuación. Nos vindeiros venres estarán tamén en Redondela o Mago Noel, Alán El Mago o Mago German, cun espectáculo de manipulación de obxetos e micro maxia, e o Mago Eloi.