Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fornelos de Montes perde dous concelleiros pola caída demográfica

RR_Noticias

Nos últimos catro anos o concello de Fornelos de Montes pasou de 2.042 habitantes a 1.966, segundo os datos aportados polo último Padrón municipal correspondente ao ano 2010. Unha caída de 76 habitantes respecto a catro anos atrás que marca unha diferencia importante: a de contar con 9 ou 11 concelleiros na súa corporación.

O Padrón do 1 de xaneiro do pasado ano, vixente para o reparto de concellerías na próxima cita electoral, marca tamén diferencias en cando ao número de habitantes nos concello de Pazos de Borbén e Redondela, onde se produciron lixeiros descenso, ou o Concello de Soutomaior, onde  variación foi a alza, pero en ningún dos tres casos eses cambios teñen repercusións en cando ao número de representantes que os seus veciños deberán elixir na cita electoral de maio.
Sorprendente é o caso de Soutomaior onde o incremento foi dun 14% ao pasar o concello de 6.110 habitantes no ano 2006 a 7.144 o pasado ano. Un incremento notable que non se traduce nunha variación nos seus representantes políticos, xa que o municipio mantense na franxa dos concello que contan entre 5.001 e 10.000 habitantes e aos que lles corresponden 13 edís.
Pola súa banda, Pazos de Borbén terá 13 concelleiros mentres que no caso de Redondela a corporación volverá estar formada por 21 políticos.
En toda Galicia o número de concelleiros que se perden pola caída demográfica ascende a 48 e afecta a un total de 22 concello da comunidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará