Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Maxia a teatro centran as citas culturais da fin de semana

RR_Noticias

Nova cita coa maxia no Multiusos da Xunqueira a partir das 21:00 horas de hoxe venres coas actuacións de Alán el mago, o mago Noel e Eloi Crespo. O teatro será mañá o protagonista coa obra Volpone de Talía teatro ás 20:00 horas

Arrancan as actividades esta mesma tarde cunha cita máxica no Multiusos da Xunqueira. O cartomante Alán el mago e a maxia de proximidade do mago Noel serán dúas das actuacións que se poderán ver a partir das nove da noite. Actuará tamén o mago redondelán Eloi Crespo, encargado ademais de argallar o proxecto Búrbida Máxica que permite achegar o ilusionismo, os xogos de cartas e o humor a diferentes espazos do Multiusos. E xa mañá sábado a quenda será para o teatro. Continúa a programación do Teatrarte coa obra Volpone de Talía Teatro. Trátase da comedia máis famosa do autor inglés Ben Jonson adaptada e dirixida por Roberto Salgueiro. Partindo dunha estética de Commedia dell’Arte esta versión libre de Volpone lávanos a través do humor á época da Venecia clásica, onde os cartos e a luxuria convértense en elementos craves da trama. Unha obra na que se retrata satiricamente a nobres e non tan nobres señores, que teñen como principal interese reunir fortunas sen importar o ridículo que teñan que facer nin o custo que outros teñan que pagar. Unha obra que segue a liña do ciclo que organiza a Concellería de Cultura onde a comedia ten un oco destacado O prezo das entradas é de catro euros para o público en xeral, Dous para xubilados e estudantes.

Eloi Crespo proxecto Búrbida Máxica
A actuación comezará ás 21:00 horas no multiusos
Suso Ben programador cultural
Volpone é unha das obras que pasará polo Multiusos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará