Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O acerto non acompaña ao balonmán local

RR_Noticias

O equipo de Chapela deixou escapar esta fin de semana unha gran oportunidade de situarse en posto de ascenso logo de empatar a 25 goles co líder. A Sar pola súa banda non abandona os postos de descenso logo dunha nova derrota ante o Calvo Xiria.

O paraxe Chapela tivo esta fin de semana unha oportunidade de ouro para situarse nos postos de ascenso en primeira nacional. O equipo xogaba na casa e recibía ao líder, o Gijón. Un encontro de máxima rivalidade como o demostra o resultado final, un empate a 25 goles que non é suficiente para os de chapela, que se manteñen a un punto do segundo clasificado, o Calvo Xiria.
O encontro do sábado non arrancou ben para os locais, quen a pesares de todo lograron remontar, pero os asturianos puxéronlle as cousas difíciles e non permitiron ao Paraxe quedar cos puntos en xogo, que finalmente repartíronse entre ambos os dous equipos.
O pavillón de Chapela acollerá o próximo partido contra o Magope.
Pola súa banda, a Sar sufriu un paso atrás na súa loita por eludir o descenso. Á derrota dos redondeláns, que caeron por 21 goles a 24 fronte ao Calvo Xiria, únenselle os triunfos de Casfes Toscaf e Zamora, os rivais directos da Sar que deixa ao equipo de Javier Barrios ao borde do precipicio con tan só 8 puntos e na penúltima praza.
Na vindeira fin de semana os de Redondela xogan preto da cas, desprázanse ao campo de O Porriño, na novena praza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará