Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos, maxia e teatro na fin de semana

RR_Noticias

Continúa o programa do Teatrarte coa obra Un cranio furado da compañía Producións teatrais excéntricas que se pdoerá ver mañá sábado ás 20:00 horas no Multiusos. Hoxe venres as cita lévanos a escoitar contos na biblioteca de Chapela e a os espectáculos de maxia que se pdoen verno Multiusos dente as 19:00 hroas ata as dez da noite.

A primeira das citas lévanos á Chapela. A Biblioteca do Piñeiral continúaa co seu programa de animación á lectura dirixido aos mais pequenos, e organiza esta tarde unha sesión de contacontos a partir das 18:30 horas, que correrá a cargo de Leo. Na actividade de achegamento aos contos, incluída no programa “Contos na media tarde”,  poden participar pequenos e maiores. Maxia En Redondela o Multiusos acolle hoxe a última das citas máxicas que nos deixa o proxecto Búrbida Máxica. O ilusionismo, os xogos de cartas e o humor pasaron por este escenario da man de diferentes magos. Hoxe será a quenda do Mago Germán cun espectáculo de manipulación de obxecto e micro maxia e o mago Eloi coa súa maxia de proximidade. Teatrarte E xa para concluír este percorrido fálamos de teatro. Será mañá sábado cando chegue a Redondela “O Cranio furado” de Produción teatrais excéntricas. Un novo espectáculo baixo a dirección do polifacético Quico Cadaval coa participación dos populares actores Dorotea Bárcena, Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira e Santi Romay. Unha comedia de terror que como o resto das obras enmarcadas no ciclo do Teatrarte que organiza a Concellería de cultura comezará ás 20:00 horas. O prezo da entrada é de 4 euros para o público en xeral, mentres que xubilados e estudantes só terán que abonar dous euros.

Mª José Villar biblioteca de Chapela
Unha contacontos para todas as idades
Eloi Crespo Búrbida máxica
Hoxe remata o ciclo de maxia no Multiusos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará