Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os descontroulados de Beirán lévanse o premio á mellor comparsa

RR_Noticias

Os aviadores de Beirán coa súa comparsa “Os descontroulados” foron os merecedores do primeiro premio nun concurso de comparsas que se converteu no de maior participación dos últimos anos, cun total de 16 agrupacións. O segundo premio foi para As Marchosas de Arcade mentres que a Antártida 3011 de Matamá quedou en terceiro lugar.
 

Globos aerostáticos, avións e aviadores que conformaban a elaborada comparsa dos Descontroulados de Beirán foron os merecedores do primerio premio do concurso de comparsas que se celebrou durante a tarde de onte en Redondela. Milleiros de persoas ateigaron dende as cinco da tarde as rúas, prazas e a Alameda da vila para asistir ao desfile máis numerosos dos últimos anos cun total de 16 comparsas.
O segundo premio foi para As Marchosas de Arcade cunha alegoría ás catro estacións, mentres que os vencedores da pasada edición, os 88 integrantes da comparsa de Matamá tiveron nesta ocasión que conformarse co terceiro galardón en recoñecemento a súa visión do que será a Antártida no 3011.
As actividades propias do Entroido vivirán mañá a súa xornada de maior participación e que o propio concelleiro de cultura, Eduardo Reguera cualifica de “entroido máis desorganizado”, coas tradicionais comidas e como non a queima do meco e os fogos de artificio. As rúas volverán estar pechadas ao tráfico a partir das 16:30 horas para deixar  que sexan os disfraces os que tomen o casco urbano. Haberá ademais verbena na praza de Ribadavia co grupo Hiroshima. E o meco que como saben este ano representa aos controladores aéreos será queimado nun espectáculo onde non faltarán os fogos de artificio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará