Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O xulgado de Redondela investiga unha banda de Pazos autora de varios roubos

RR_Noticias

En total son xa catro os detidos, todos eles veciños de Pazos de Borbén, aínda que a Garda Civil non desbota que se produzan novas detencións. Todo apunta a que os detidos actuaron en varios roubos tanto en Vigo como en O Porriño.

As detencións foron posibles grazas ás imaxes captadas polas cámaras de seguridade dun garaxe comunitario das Torres Ifer en Vigo onde se podía ver a dous ladróns que fuxían cunha moto roubada. O pasado venres o vehículo foi detectado polos axentes da garda civil de Fornelos quen, vistas as imaxes da gravación puideron identificar aos delincuentes.
Como froito da investigación procedeuse á detención dun total de catro veciños de pazos, aínda que a operación segue aberta e o número de detidos podería ascender a seis. Estarían implicados nos asaltos de Vigo e tamén de o Porriño, onde terían substraído un coche. Algúns dos detidos confesaron nada máis ver as imaxes, ademais nos rexistros efectuados recuperáronse algúns do obxectos roubados como unha batería de música, valorada en 1200 euros e que tería sido substraída dun coche estacionado no Garaxe de García Barbón, un dispositivo GPS e un casco de moto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará