Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Comparsas e camelias en Soutomaior

RR_Noticias

O entroido continúa vivo en Soutomaior onde mañá sábado continúan coas celebracións cun desfile no que participarán 12 comparsas da comarca. Os amantes das flores teñen a súa cita no Castelo onde se celebra a XI edición do Certame e exposición da camelia.

O concello de Soutomaior non quería quedar sen Entroido e o pasado ano decidiu experimentar coas datas e atrasar o desfile de comparsas unha semana para evitar así que a coincidencia con outras celebración na comarca lle restase público e participación. O experimento deu bos resultados e este ano repiten cun desfile no que participarán doce agrupación entre as que atoparemos As Marchosas de Arcade así como outras procedente de Poio, Vigo ou Mos. O desfile partirá ás 17:00 horas dende a Avenida Xosé Solla para rematar na Alameda de Talo Río onde haberá verbena coa orquestra La bámbola”. XI edición do Certame da Camelia E tamén na fin de semana terá lugar unha nova edición do Certame e Exposición da Camelia. No castelo de Soutomaior exporán os seus exemplares medio cento de expositores chegados de diferentes puntos da comunidade quen tentarán facerse co premio á mellor flor e mellor composición artística. Tampouco faltará a colaboración dos comercios que mostran nos seus escaparates verdadeiras obras de arte efémeras elaboradas con pétalos da flor A media tarde do sábado poderase acceder xa ao Castelo para asistir á exposición que poderá visitarse durante todo o domingo. As 18:00 horas está prevista a entrega de premios que estará amenizada pola Minibanda da Asociación Musical artística de Arcade.  

Dolores Cernadas. edil de cultura
No entrtoido deste ano participan 12 comparsas
Exposición da camelia
Cada vez son máis os comerciantes que decoran os seus escaparates coas formación florais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará