Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un Plan B para o día do Pai

RR_Noticias

A Asociación de empresarios pon en marcha unha campaña de promoción do comercio local para fomentar as compras nestes días previos á celebración do día do Pai o vindeiro sábado 19.  A campaña consiste en facer entrega dun agasallo aos clientes dos establecementos do Centro Comercial Aberto de Redondela dende hoxe e ata o vindeiro venres.

Polas compras realizadas os clientes recibiran un agasallo especial presentado baixo un “paketing promocional” que comprende unha completa oferta de ocio para gozar do Día do Pai en familia participando das actividades que se desenvolverá na tarde do sábado no centro da vila. Así, convídaselles a xogar n un minigolf que se instalará nos xardíns da Alameda, nun área de mini e super futbolíns así como a realizar un retrato/caricatura da persoa que desexe. Tamén poderán participar nos obradoiros de caricaturas que se localizará na Praza do Concello no Día do Pai dende as 17:00 ata as 20:00 horas. Nesta caixa recóllese ademais información sobre os menús especiais que nesa xornada ofrecerán os restaurantes Casas, O Mesón, A Cova e o hotel Antolín. Unha campaña que persegue incrementar o comercio nun período no que segundo constatan na Asociación de empresarios o comercio local está a sufrir unha contración nas vendas.

Julia Alonso Asociación empresarios
Un plan de lecer para toda a familia
Mal inicio de ano nas vendas
A crise afecta tamén ao comercio local

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará