Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dúas mulleres feridas nun aparatoso accidente no Coto en Cesantes

RR_Noticias

Unha colisión entre un Audi A3 e un Citroen Xantia provocu importantes retencións dende as nove da maña e ata as 11:00 horas na N-550 que afectaron ao casco urbano. No sinistro, que se producía á altura de O Coto resultaron feridas as dúas condutoras dos vehículos accidentados segundo información da Policía Local.

Dúas mulleres resultaron feridas no sinistro que se producía ás  nove menos dez da mañá de hoxe na N-550 entre Redondela e Pontevedra.
O sinistro tiña lugar á altura do Coto en Cesantes cando colidían frontolateralmente un Citroen Xantia e un Audi A3. A brutalidade do impacto provocou que as condutoras dos vehículos, en ambos os dous casos mulleres, quedaran atrapadas no seu interior polo que foi precisa a intervención dos bombeiros, policía local, a garda civil de tráfico e protección civil, para excarcerar as persoas feridas que foron trasladadas en ambulancia a centros hospitalarios de Vigo.
A pesar do aparatoso do accidente e do estado no que quedaron ambos os dous turismos practicamente esnaquizados, nun principio non se detectaron lesións de gravidade nos ocupantes dos vehículos. De feito, o Audi que ía en dirección Pontesampaio era ocupado por unha muller que se trasladaba a esta localidade para deixar aos seus fillos no colexio, dous nenos de dez e dous anos, que non resultaron feridos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará