Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gonzalo Amoedo analiza o franquismo no seu último libro “A memoria e o esquecemento”

RR_Noticias

O libro, editado por Xerais na colección Crónica, recompila os nomes dos que formaron parte do heterodoxo grupo dos erguidos en armas contra a II República, incluído un anexo de máis de seis mil falanxistas con nomes e apelidos.

Froito da pescuda en arquivos, o autor doutros títulos como “Episodios de terror” e “Redondela, crónica dun tempo pasado: a II República e o primeiro franquismo”, analiza agora de xeito exhaustivo a organización interna da Falanxe na provincia de Pontevedra e a represión sufrida na zona entre os anos que abarcan o inicio da guerra no 1936 ata o 45. Gonzalo Amoedo informa dos distintos sectores da sociedade que participaron nos actos da represión que se produciron durante os anos da ditadura franquista pero vai máis alá. Fai tamén unha reflexión en torno a algunhas oligarquías e familias que conseguen sobrevivir dende a guerra civil á morte do ditador, e superar tamén a apertura do proceso democratizador “reconvertidas en demócratas de toda a vida”. No libro inclúese un anexo cunha longa listaxe de máis de seis mil nomes onde se recompila unha extensa relación de falanxistas identificados con nomes, apelidos, procedencia ou incluso profesión. Uns datos que Amoedo non recolle con espírito “revanchista” xa que segundo afirma “non se trata dunha listaxe da ignominia pois no medio de nomes relacionados coa represión máis cruel tamén aparecen outros nomes que levarán ao lector a pensar que non todo o que foi falanxista foi un asasino”. O autor continúa a afondar na memoria colectiva e continuará nese camiño, mergullándose nos arquivos para elaborar no futuro un libro sobre o papel da Igrexa nos tempos do franquismo.

Gonzalo Amoedo escritor
Un traballo de arquivo e de análise
Listaxe de falanxistas
Máis de seis mil nomes aparecen na relación recompilada no libro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará