Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un Choco sen acerto cae goleado no Porriño

RR_Noticias

Tiveron varias ocasións de poñerse por diante no marcador no primeiro tempo, pero desaproveitáronas. Aos de Julio Álvarez faltoulles puntería de cara ó gol, e os locais souberon facer efectivas as súas ocasións. Mentres na Primeira Autonómica o Chapela mantense vivo na loita pola permanencia mentres o Arcade está practicamente descendido.

Preferente Autonómica
Porriño Industrial 3-0 Choco
Os de Julio Álvarez puideron adiantarse no marcador, tiveron ata tres ocasións claras de gol. Unha salvouna o porteiro local cunha gran intervención. As outras desaproveitáronas por falta de puntería. Máis efectivos foron os porriñeses, Fran marcou o primeiro gol do encontro no minuto 28 logo dunha gran xogada de Marcos. Co resultado de 1-0 rematou un primeiro tempo algo lento e aburrido. Xa na segunda parte o xogo foi máis aberto. Os locais provocaron unha falta que acabaría co 2-0 no minuto 61. Foi obra de Manu logo de que o balón batese contra a barreira. Xa no minuto 85 Dani, regateando ó porteiro, anotou o 3-0, que sería xa definitivo. O Choco quedou sen premio nun partido marcado pola súa súa falta de acerto de cara ó gol. Pese a derrota o Choco mantense na 9ª posición da táboa, e afronta esta recta final da liga con tranquilidade. A próxima cita será o domingo en Santa Mariña diante do Cambados, da parte baixa da táboa.
Primeira Autonómica
Marcón 3-1 Arcade
Non puido ser, os de Jacobo Montes tiñan unha cita crucial no campo do Marcón e non foron quen de superar ó adversario. O campo, de terra, prexudicou o xogo do Arcade, que ten agora moi complicada a salvación, por non dicir imposible. A próxima cita será o domingo co Bouzas B, equipo xa descendido.
Chapela 3-0 Alerta Traviesas
O Chapela cumpriu co obxectivo e fixo un gran encontro, goleando ó líder da categoría, o Alerta Traviesas. Un gran partido dos de Luis Ferreira que se manteñen así en postos de salvación. Pero neste tramo da táboa a clasificación está moi apertada. De feito a cita deste domingo será no campo do Marcón, co que están empatados a puntos. Un campo de terra que xa lle fixo dano ó Arcade. Se os redondeláns perden o Marcón adiantaríaos na táboa, e os de Ferreira pasarían a estar en postos de descenso. Agárdase un final de liga de infarto.
Terceira Autonómica
Cesantes 2-3 Sampaio
Os redondeláns manteñen a 6ª praza a pesares da derrota, logo dun partido moi interesante e con moitos goles. A próxima xornada descansa.
Arcade B 3-0 Presqueiras
O filial do Arcade non tivo problemas para impoñer o seu xogo ó Presqueiras, o pechacancelas do grupo. Manteñen así a 10ª praza, e o próximo domingo xogarán no campo do Santomé, un posto por riba dos de Soutomaior e que suma un punto máis.
Soutomaior -descansa
Logo da xornada de descanso os de Soutomaior, na 8ª praza, terán que xogar o domingo no campo do Pontecaldelas, que é 7º con dous puntos máis.
Choco 0-2 Victoria
O duelo entre dous dos equipos máis fortes do grupo saldouse ó favor do Victoria, que empata así a puntos co líder, La Guía. Mentres os redondeláns mantéñense na cuarta praza. O domingo xogarán no campo do Candeán, da metade baixa da táboa.
Vilar 3-2 Pontellas
O Vilar, que viña de atravesar unha mala racha de resultados, de a sorpresa esta xornada ó impoñerse ó Pontellas, un dos equipos da parte alta da táboa, que por mor da derrota biaxa da 2ª á 3ª praza do grupo. O Vilar é agora 12º, a próxima fin de semana terá un partido moi difícil, xoga na casa do líder, o Oiense.
Ponteareas 3-3 Nespereira
Reparto de puntos non encontro con moitos goles. Os de Pazos soben ata o posto 9º. O domingo reciben ó Alerta, da parte alta da táboa.
Futbol Sala-Autonómica Sur
Redondela F.S. 3-1 Valadares
Os de Manoliño continúan coa súa racha positiva. Esta fin de semana impuxéronse ó Valadares, o que lles permite escalar posicións na táboa. Xa son 11º, o que supón unha importante melloría con respecto á súa situación xornadas atrás. Esta semana preparan unha importante cita, o sábado xogan na pista do líder, o Pazos. Será ás 19.00 horas no municipal de Pazos de Borbén.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará