Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reúne a 780 rapaces no Torneo Internacional de Fútbol 7

RR_Noticias

Equipos alevíns de Portugal, Bélxica, Noruega, Italia e de diferentes clubs galegos e do resto de España daranse cita desde mañá no Campo de Fútbol de Santa Mariña. Arranca o IV Torneo Internacional de Fútbol 7 Alevín que organiza o Redondela Escola de Fútbol Base. Unha festa para os case 800 rapaces de entre 10 e 11 anos que participan e tamén para todo o público. Mañá será a fase previa, as clasificacións continuarán o xoves e venres, para dar paso ás grandes finais o sábado.

Un ano máis, Redondela acolle o Torneo Internacional de Fútbol 7 Alevín. Nesta cuarta edición a organización, do Redondela Escola de Fútbol Base, conseguiu reunir algunhas das mellores canteiras europeas. Representantes de ata cinco países distintos participan no torneo: os italianos do Milan Academy; de Portugal chegan Benfica, Sporting de Lisboa, Porto e Escola Fernando Pires; de Bélxica o Royal Antwerp; de Noruega, Notteroy e da liga española Atlético de Madrid, Sporting de Xixón, Deportivo da Coruña, Celta, Puertollano e o equipo Redondela Escola de Fútbol Base. Fernando González, da organización, explica que “este éxito de participación” é froito do “bo resultado acadado polo torneo nas edicións anteriores”, e amósase “orgulloso” da boa resposta dos clubs. A estes catorce equipos sumaranse dous máis, que sairán dunha fase de previa que se xoga mañá mércores e na que participan vinte clubs de toda Galicia. Choco, Casa Paco, Redondela, Chapela, Arcade, Verdugo, Ourense, Condado, Porriño Industrial, Moañesa, Areosa e Vitoria da Coruña son algúns deles. Así, a nómina final de equipos será de dezaseis, que se repartirán en catro grupos. Os dous primeiros clasificados de cada un disputarán a fase final de eliminatorias, que se xogan o xoves e venres en Santa Mariña. As grandes finais xóganse o sábado. Toda unha “festa do fútbol” á que queren convidar “a todo o público redondelán”. En canto ós candidatos ó título “é difícil dar un prognóstico”, segundo González, xa que hai moita calidade nos equipos portugueses, e cita tamén ó Amberes, os noruegos, o S.Xixón e o Depor. Por iso o Celta, gañador das tres edicións anteriores, vaino ter “moito máis complicado” este ano.  

Fernando González organizador
A organización amósase orgullosa do éxito de participación no torneo
Festa do Fútbol
González anima ós redondeláns a participar nesta festa que o torneo supón para case 800 rapaces.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará