Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Caras novas na política redondelá

RR_Noticias

Achégase a cita electoral do 22 maio cuns comicios municipais moi concorridos en Redondela. A estas eleccións preséntanse un total de sete formacións políticas, tres máis que na cita de hai catro anos. A Partido Popular, Partido Socialista , BNG e Partido Galeguista súmase EU, que volve ter candidatura neste municipio, e tamén a FPG e Agrupación de Electores de Redondela. Unha “pluralidade” que valoran favorablemente os veciños de Redondela. Tamén entenden como algo “positivo” o cambio de candidatos á alcaldía por parte de PP, PSOE e BNG.

O próximo 6 de maio comeza oficialmente a campaña electoral para a cita das municipais do 22-M. E en plena precampaña desde Radio Redondela analizamos cos veciños a situación neste Concello. Este ano preséntanse ás eleccións municipais un total de sete agrupacións. Ademais dos catro partidos que xa o fixeran nos anteriores comicios: PP, PSOE, BNG e PG, nesta ocasión hai que sumar a EU, que volve concorrer ás urnas, xunto con Frente Popular Galega e Agrupación de Electores de Redondela. Ós veciños parécelles que esta maior pluralidade é algo “positivo”, ao ter “máis alternativas para escoller”. É o caso de Luz, veciña de Redondela, ou Rosa, de Chapela. Pero tamén agardan que o goberno que saia das urnas o faga “con gañas de traballar por Redondela”, como apunta Jose. Tamén se fan outras valoracións, como o feito de que o voto quede máis dividido. Liliana entende que coa presentación de novas formacións “o voto de esquerda pode quedar máis dividido”, aínda que pode dar lugar tamén a “novas coalicións”. Moitos, como Diego, son escépticos, e pesan que todo será “máis do mesmo” aínda que entren novos partidos, pero valoran positivamente que se renoven os candidatos “logo de tantos anos”. Porque ademais da inclusión de novos partidos, os que se volven presentar fano cambiando os seus candidatos á alcaldía, coa excepción do PG. Deste xeito o candidato polo PP é Javier Bas (no lugar de Francisca Canal), polo PSOE encabeza a lista Eduardo Reguera (en substitución de Xaime Rei) e no BNG a candidata é Cecilia Pérez Orge (que ocupa o posto de Carlos Pazos). O resto de candidatos son Alejandro Bastos polo PG, Óscar Benavides de EU, Alberto Covelo de FPG e Jorge Varela da Agrupación de Electores de Redondela.    

Olga e Gloria
Entenden que é positivo que haxa máis partidos políticos.
Jose
Para este veciño o importante é que quen goberne traballe por Redondela.
Liliana
Para esta moza a pluralidade de partidos é boa ainda que entende que pode prexudicar ós partidos de esquerda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará