Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco busca asegurar a permanencia en Lalín

RR_Noticias

Logo da vitoria sobre o Arenteiro, os de Julio Álvarez teñen máis preto manter a categoría, pero o descenso aínda non está matematicamente descartado. Por iso, nas tres xornadas que restan, o obxectivo do Choco é sumar algún punto para afastarse dos rivais directos. A próxima cita será en Lalín, contra o líder, que xa ten asegurado o ascenso.

Preferente Autonómica Sur O Choco gañou a pasada xornada ó Arenteiro pola mínima, o que supón afrontar a recta final desta liga con algo máis de tranquilidade. Pero o adestrador, Julio Álvarez, non se fía, e lembra que matematicamente aínda non están salvados. Por iso o obxectivo é sumar “unha vitoria ou un empate” nas tres xornadas que restan. O próximo domingo xogarán no campo do líder, o Lalín. Será un rival difícil, pero o técnico pensa que teñen opcións de traer “un resultado positivo”, aproveitando tamén a festa que se vivirá no campo local para celebrar o ascenso xa conseguido. Primeira Autonómica Domaio 1-3 Arcade Os de Jacobo Montes cumpriron co obxectivo nun partido con polémica arbitral incluída, aínda que acadar a permanencia semella case imposible. O equipo local xogou cun home menos desde o minuto 36, o que condicionou o encontro. O resultado deixa ós de Soutomaior aínda en postos de descenso, e todo se decidirá na última xornada. Recibirán ó San Martín, co que están igualados a puntos. Vilariño 0-2 Chapela O Chapela foi o xusto vencedor dun encontro no que os locais non estiveron á altura, a pesares de que se xogan tamén a permanencia. O Vilariño sufriu ademais unha expulsión, e os redondeláns aproveitaron a vantaxe para facer dous goles. Con esta vitoria os de Luis Ferreira achéganse un pouco máis á salvación. Pero terán que certificalo o domingo, cando reciban ó filial do Bouzas no último partido de liga. Os vigueses xa están descendidos. Terceira Autonómica Rematou a competición nesta categoría cos seguintes resultados para os equipos locais: Praderrei 5-3 Cesantes Arcade B 1-2 Bueu Soutomaior 3-2 Presqueiras Neste grupo remataron o Soutomaior 7º, o Cesantes 8º e o Arcade B de 10º Choco 7-3 Valadares O Choco rematou a temporada goleando, e queda na 4ª praza. Vilar 1-2 Vilariño Os redondeláns rematan na parte baixa da táboa, 12º. Louredo 2-1 Nespereira Os de Pazos acabaron na metade baixa, como 11º. Fútbol Sala-Autonómica Sur Redondela 2-7 Abetos O equipo de Manoliño non foi quen de superar ós Abetos, da metade da táboa, e recibiu unha dura goleada. Na próxima xornada, que se xoga o 14 de maio, despedirán a liga. Farano desde os postos baixos da clasificación, son 14º. Xogarán na pista do Mobles Andrade, tres postos por riba dos redondeláns.  

Julio Álvarez adestrador
O técnico advirte que aínda precisan sumar puntos para garantir a categoría
Lalín-Choco
Álvarez confía en traer un resultado positivo de Lalín.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará