Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Quen goberna Redondela?

RR_Noticias

Os resultados electorais do 22-M deixaron a chave do goberno municipal de Redondela ó novo partido Agrupación de Electores de Redondela, que ven de confirmar a súa abstención. Deste xeito o popular Javier Bas será o futuro alcalde de Redondela cun goberno en minoría. A decisión de AER confirma o que esta agrupación anunciara na campaña electoral, ao rexeitar pactar con ningún partido. Moitos veciños entenden que deste xeito son “consecuentes” coa súa promesa, aínda que outros critican que “favorezan” a formación dun goberno de dereitas.

A Agrupación de Electores de Redondela deixou claro desde un principio que descartaban pactar para formar Goberno. Con todo, moitos pensaban que poderían apoiar a investidura do candidato socialista, para favorecer un goberno de esquerdas, aínda que logo permanecesen na oposición. A idea xeneralizada dos veciños é que AER foi a gran protagonista das eleccións, e moitos están satisfeitos de que non pacten con ningún partido, xa que así “son consecuentes coa súa promesa electoral”, com explicaba Manuel, e “non defraudan ó seu electorado”.Tamén María Jesús apostaba por esta opción, afirmando que “un cambio no goberno” podería ser positivo. Outros, como Luz, son moi críticos con esa opción de AER, xa que prexudica á esquerda “coa que se identifican” e favorece ó partido de dereitas. O certo é que a impresión xeral dos veciños é a “sorpresa” porque AER conseguira un concelleiro, como manifestaba Darío, quen avanzaba que de non haber pacto, un goberno en minoría teríao “moi difícil para gobernar”. Gustavo, un comerciante da vila, facía unha análise máis profunda do resultado electoral, e xustifica a presenza de AER pola “coincidencia doutros movementos sociais” como os “indignados” da plataforma 15-M. Entende que AER debe actuar con responsabilidade, e dubida de “se será negativo ou non” o feito de que a esquerda pase á oposición.

Manuel veciño
Este veciño opina que AER é consecuente ao optar pola abstenión.
Luz
Esta veiña critica que AER favoreza a formación dun goberno de dereitas.
Gustavo
Insta a AER a actuar con responsailidade e analiza o posible futuro da esquerda na oposición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará