- Este evento pasou.
Ciclo de teatro infantil: A nena que vivía nunha caixa de mistos
Marzo 31 @ 18:00 - 19:30
O Ciclo de Teatro Infantil afianza a súa programación nas actividades de inverno do Concello de Redondela. Caramuxo teatro trae ao Auditorio da Xunqueira a obra ‘A nena que vivía nunha caixa de mistos’. Entrada con prezo reducido a 3 euros.
‘A nena que vivía nunha caixa de mistos’ e un novo espectáculo de Caramuxo Teatro inspirado no conto “A vendedora de mistos” de Andersen.
Unha peza cunha linguaxe contemporánea e multidisciplinar que trata o tema da pobreza e a orfandade infantil, máis cunha mensaje positiva, sobre o poder do cambio.