- Este evento pasou.
Día Mundial da Poesía en Chapela
Marzo 21 @ 20:00 - 22:00
A biblioteca de Chapela celebra este 21 de marzo ás 20:00 horas o Día Mundial da Poesía en compañía da escritora e artista Andreia Costas, nunha tarde na que ademais de presentarnos o seu último libro: “Magnolia punk e outras arritmias” fará homenaxe a unha das súas referentes: a poeta Xela Arias, que da nome á esta biblioteca do Piñeiral do Crego. A actividade está enmarcada dentro do ciclo Aquí sí hai quen escriba, organizado polas bibliotecas municipais para promover e dar a coñecer a obra escrita e tamén a labor de creatividade da veciñanza redondelá.