Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxección Ostras. O peche do mar

O documental sobre o conflitivo proxecto de parque ostrícola para Cesantes chega ao Multiúsos. O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy presenta o vindeiro 9 de outubro ás 18:00 horas no multiusos da Xunqueira en Redondela o documental Ostras. O Peche do mar, un traballo impulsado pola directiva da entidade e dirixido polo redondelán Fernando Carreira […]

Festival de corais en Cabeiro

O Centro Cultural de Cabeiro celebra este mércores día 12 o Festival do Pilar, a partir das 18.30 horas, coas actuacións da coral de San Esteban de Negros, o grupo vocal Loureiro Verde e a coral polifónica Ou Coto do Carballal. A entrada é libre.

Le Cirque con Cayetano Lledó

O domingo 16 de outubro ás seis da tarde arranca o V Ciclo Infantil de Teatro cunha obra de teatro e maxia para toda a familia inspirado tanto no teatro clásico como nas correntes actuais, pero cun enfoque innovador e característico de Cayetano Lledó. As persoas que asistan ao espectáculo Le Cirque descubrirán o mundo […]

Teatro en Cedeira

O Centro cultural de Cedeira acolle a representación da obra “Onte” a cargo do grupo Fonde da tella de Soutomaior. O domingo 16 ás 18:30 horas con entrada de balde. A obra está inspirada no título “Onte sen ir máis lonxe” de Jorge Díaz.

Premio Sesé Mateo de xornalismo ético

O Concello de Redondela presentou o II Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento e comunicación da violencia machista, un certame que busca recoñecer o traballo que realizan as e os profesionais do xornalismo que fuxan dos sensacionalismos e salvagarden a intimidade tanto das vítimas coma das súas familias. A segunda edición do Premio […]

Cine no Multiúsos

Proxección da película Malenconía o sábado 22 de outubro ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira. Un acto enmarcado no ciclo de cine Mestre Mateo, iniciativa da Academai Galegado Audiovisual en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Sira e Pepe, tras 10 anos vivindo en Berlín, deciden dar un novo rumbo á súa vida regresando a […]

Riquiña con Jazmín Abuín

A humorista e actriz Jazmín Abuín chaga a Redondela co seu monólogo Riquiña. Unha proposta de humor que se poderá ver o domingo 23 de outubro no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas. Entrada 3 euros. Organiza o Concello de Redondela.

Obradoiro infantil Caixa, caixiña, caixón

A Biblioteca Xela Arias de Chapela festexa o Día das Bibliotecas cun obradoiro infantil da man de Andamiaxe Innova. Unha proposta de achegamento literario e creativo onde nenas e nenos descubrirán mil e unha historias. O 25 de outubro ás 18:30 horas na Biblioteca de Chapela orientado a idades comprendidas entre os 6 e os […]

Visitas Castelo de Soutomaior

As entrada para as visitas que se van desenvolver no Castelo durante todo o mes de outubro e que buscan vivir o Samaín doutro xeitos pódense adquirir no enderezo www.castelodesoutomaior.com e teñen un prezo de 8 euros.

Magosto popular en Chapela

A Asociación de veciños de Chapela organiza o sábado 29 de outubro un magosto popular de balde que arrancará ás 17:00 horas no Multiúsos do Piñeiral. Unha xornada de convivencia para gozar das castañas na que colabora o Concello de Redondela.

Contacontos con Alba Grande

Actriz, titiriteira e contadora ourensá , Alba Grande chega ao Multiúsos de Chapela coa proposta de contacontos “Contos arredor da terra”. O 29 de outubro ás 18:30 horas no Piñeiral do Crego con entrada de balde.

Festival Casto Sampedro

O Multiúsos da Xunqueira acolle o sábado 29 ás 19:00 horas a III edición do festival Casto Sampedro coas actuacións dos grupos O Carballo das Cen Pólas e o grupo Inquedanzas de Tui. Unha proposta de música folk organizado pola Asociación Carballo das Cen Pólas en colaboración e o Concello de Redondela con entrada de […]