Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Musical dos 2000

Auditorio da Xunqueira

O Auditorio da Xunqueira acolle o espectáculo de música 'Musical dos 2000' no que a xente poderá unirse aos intérpretes e cantar as cancións máis coñecidas da época cun toque de humor. As entradas están á venda en Woutick e no Multiusos da Xunqueira. O prezo oscila entre os 13 euros de forma anticipada e […]

Minuto de silencio polo incendio de Valencia

O  Concello de Redondela tras o devastador incendio que onte deixou en Valencia unha dramática cifra de falecidos, feridos e persoas afectadas pola perda dos seus fogares, convoca o vindeiro luns 26 de febreiro ás 12:00 horas, na Praza do  Concello,  un minuto de silencio como manifestación de solidariedade con todos eles, co Concello de Valencia […]

Día da Árbore no Viso

O Viso celebra o Día da árbore cunha plantación de castiñeiros e bidueiros. A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso organiza unha nova edición do día da árbore para o vindeiro domingo 3 de marzo que se desenvolverá na contorna do Camiño a Santiago alternativo e no barrio de Saramagoso nas inmediacións das […]

Desfile de comparsas de Redondela

O Entroido de Redonela ofrece o domingo 3 de marzo as tradicionais Comparsas que partirán ás 18:00 horas dende o Campo da Feira. A entrega de premios será ás 20:30h nas inmediacións da Casa do Concello de Redondela.  

Ciclo vive o teatro: Revolta

A compañía Juanito e Filomena actúa no Auditorioa da Xunqueira co seu espectáculo 'Revolta'. O prezo ofrecido polo concello de Redondela é reducido e o abono só é de 3 euros. RESUMO DE REVOLTA Os primeiros prehistoriadores, que só eran homes, pensaron que nese período ocorría o mesmo que na súa sociedade, é dicir, que […]

Petiscos en igualdade: Su Garrido

A programación de inverno entrelázase coa Programación do 8M para ofrecer "actividades en igualdade" durante un período máis longo de tempo e non reducir as reivindicacións só a un día. Por iso, o Concello de Redondela ofrece unha sesión vermut musical a cargo de Su Garrido na Praza da Constitución con entrada de balde.

Contacontos en Chapela

A Biblioteca Municipal Xela Arias, en Chapela, acolle o xoves 14 o contacontos “”Vamos ao recreo”, de Trémola Teatro. Nesta historia, recomendada para público infantil e familiar, unha nena revoluciona o patio do cole onde rapazas e rapaces debían xogar separados. Ás 18.30 horas, entrada de balde.

Doazón de sangue

Unha unidade móbil do centro de transfusión de Galicia desprázase o venres 15 de marzo e o sábado 16 a Redondela. As persoas que desexen facer as súas doazóns poderán achegarse o venres en horario de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 21:00 horas pola tarde ao autobús que estará ubicada […]

Petiscos en Igualdade: Noite

A artista redondelá 'Noite' ofrece unha actuación musical do seu traballo en solitario para a programación do 8M que continúa ao longo do mes de marzo para reivindicar a loita pola igualdade de forma ampla e transversal.

Ciclo de teatri infantil: C@nto contigo de Paco Nogueiras

O Ciclo de Teatro Infantil afianzase un ano máis na programación de inverno do Concello de Redondela. O 17 de marzo o artista Paco Nogueira actúa no Auditorio da Xunqueira co seu espectáculo 'C@nto Contigo'. O prezo é reducido e o abono ten un custe de 3 euros. RESUMO DE C@NTO CONTIGO Un espectáculo polas […]

Maxia polo Día do Pai en Reboreda

O centro cultural de Reboreda celebra o Día do Pai cunha actuación de maxia para toda a familia o domingo ás 18:00 horas. O espectáculo leva pro nome Charlie Braun e a fábrica de soños.

Día do Pai en Cedeira

O centro cultural de Cedeira celebra este domingo 17 a homenaxe polo día do pai coa presentada do acordeonista Manuel Olegario quen ofrecerá un concerto ás 18:30 horas. A continuación actuará a Coral Polifónica A Raiña quen ofrecerá un recital coas súas últimas obras. A entrada será libre ata completar o aforo.